O martes pasado recibimos na biblio ao veterinario Daniel Rodríguez que nos visitou para falarnos do coidado e responsabilidade de coidar ás nosas mascotas.
A idea xurdiunos a partir da lectura da novela de Eva Mejuto O día que choveron gatos onde se fala dunha enfermidade " a Gaturreise: Vírica crónica" que supostamente provoca unha pandemia en Pontedavila e que transmiten os gatos e que mellor maneira que consultar cun experto en animais.
Foi un pracer o faladoiro de Daniel R. xa que nos transmitiu dun xeito ameno e moi divulgatigo cales son os principais coidados que lles debemos proporcionar ás nosas mascotas, respondeu a todas as nosas preguntas, que foron moitas, e aclarounos que non existía a "Gaturreise" que era un invento do PAIfoco ( o personaxe da novela de Eva Mejuto) coa finalidade de desfacerse dos gatiños de Pontedavila.